venres, 20 de marzo de 2020

VENRES 20/03/2020

Bo día a tod@s, 

Tiven problemas hoxe co meu ordenador, pero xa os arranxei. Que susto, pensei que lle entrara un virus e estiven pasándolle o antivirus e claro, ata que finaliza o análise, non che deixa funcionar. Síntoo moitísimo!!!

Espero que onte pasárades un moi bo día do pai e de San José, se tedes algún/algunha na casa. 

Hoxe, toca de novo traballar, así que déixovos as tarefas a realizar durante este venres. Tal e como sucedería na escola, o prazo para entregar estas tarefas remata o LUNS ás 12:00h da mañá (debido a este pequeno percance que tiven hoxe co meu portátil). Aínda que o meu consello é,non deixalo para o último momento, xa que o luns vaise mandar novo traballo. 

A CREACIÓN LITERARIA, poderá ser presentada o luns ou o martes e o TALLER DE POESÍA poderá ser presentado ata o xoves 26. 
Os traballos que estean fóra de prazo, contarán como NON PRESENTADOS. 

A gran maioría de vós, cumpriu co prazo establecido para o mércores, seguide así e os/as que non, no vos despistedes, por favor! 

Coma sempre, podedes mandar as tarefas nun documento de drive ou por fotografía. Excepto matemáticas, que ten que ser en fotografía, para que eu poida ver como facedes as operacións. 

Dito isto, aí vai o traballo:

LENGUA ESPAÑOLA:

Lectura: Los amigos

PINCHÁIS EN EL ENLACE, hacéis la lectura y contestar a las preguntas. La pregunta 10, deberá ser contestada en el drive habilitado para ello. (está explicado en el texto)





Taller de poesía: (Entrega: Dende hoxe ata o xoves 26)


Como ayer jueves, fue festivo, pues cambiamos para hoy el taller. Lee atentamente las tres páginas seguid las instrucciones: 










DEBÉIS ESCRIBIR 4 PEQUEÑAS POESÍAS, EN LAS QUE CONTÉIS QUE PENSARÁN TU SILLA, TUS ZAPATOS, TU MOCHILA Y TU MASCOTA. 


MATEMÁTICAS






SOCIAIS

1) Ler a seguinte páxina: Señores e vasalos, Vida nos castelos, o Castelo feudal e facer un esquema/resumo.


2) Contestar ás 5 preguntas desa páxina. 

3) Investiga: como eran os banquetes e as comilonas nos castelos da Edade Media.


4) Investiga: Como era a ceremonia de investidura dos soldados na Edade Media?

5) Ver estes vídeos: 







6) Estudar todo o tema dende o principio ata aquí, o martes ou mércores, tentarei facer un pequeno control. 

LINGUA GALEGA

1) Das fotocopias facer "Palabras homófonas", exercicios do 1 ao 6

2) Ler a entrada titulada "VIII Certame Relato Curto. FANPA"

EDUCACIÓN FÍSICA

O profe Ángel colgou máis cousas na páxina web do cole, para que poidades facer exercicio dende a casa e que eses músculos e ósos non se oxiden!!!



MOITO ÁNIMO!!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario