martes, 17 de marzo de 2020

ACTIVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA


EDUCACIÓN FÍSICA . 6º  DE  PRIMARIA

Ola chicos e chicas. Son Ángel o profe de Ed. Física. Envíovos unhas indicacións e consellos para que na medida do posible manteñades un mínimo de actividade física diaria durante este tempo de obrigado retiro doméstico.
- Imos poñer coma obxectivo realizar un mínimo de 60´minutos diarios de actividade física
- Cadaquén que adapte esas actividade ao espazo do que dispoña. Xa sabedes que non podemos saír dos límites da nosa propiedade, agás para necesidades básicas.
- Non podemos realizar actividades físicas que poñan en risco a nosa saúde (caídas, golpes,…) polo que desaconsello  coller  bicis,  patíns,  patinetes, facer xogos bruscos con balóns, realizar trepas, andar en alturas,…
- Como estamos a vivir unha situación absolutamente excepcional temos que axustar os nosos hábitos diarios a estas condicións: non pasarnos coa alimentación, respectar as horas de sono recomendadas segundo  a idade, axudar coas tarefas domésticas, manter unha boa hixiene corporal, organizar o día en distintos tempos (actividade física, tarefas escolares, lectura, tempo de lecer...)
- Imos plantexar unha sesión de actividade física tipo para que vos sirva de orientación e despois vós podedes botarlle imaxinación.

SESIÓN TIPO (con roupa e calzado axeitado e nun espazo libre de obstáculos)

1ª. QUECEMENTO (10´) : Mobilidade articular (en estático, comezando polos nocellos, ir movendo alternativamente cada articulación do corpo en todos os ángulos posibles)
Movementos coordinados dos distintos segmentos corporais ( se tendes espazo podedes correr suavemente e ir movendo a un tempo os brazos en cruz, en aspas, saltando, levantando muslos,...)( se non tedes moito espazo, podédelo facer no sitio sen moito desprazamento)
Estiramento (como facemos na clase, empezamos polos músculos de detrás das pernas, seguimos polos Xemelgos de ambas pernas, os cuádriceps, o abdome, as costas,...)

2ª.PARTE PRINCIPAL (40´) (podedes elixir entre todo este tipo de actividades e ir variando o plan segundo as vosas posibilidades de espazo e materiais)
- Exercicios de coordinación xeral: salto á comba, facer xirar un aro no corpo, subirei vídeos con exercicios de dinámica xeral.
- Exercicios de coordinación oculo-manual (camiñar e botar un balón, lanzar a encestar, tiralo contra a parede e recollelo,... e coordinación oculo-pédica (levar un balón co pé, golpealo contra a parede, tirar a unha portería improvisada,..)
- Actividades con raquetas: ping pong, badminton (no patio da casa se se dan as condicións), frontón contra unha parede,...
- Actividades rítmicas (tratar de seguir coreografías a través de vídeos de youtube que eu vos irei recomendando, ou que vós podedes elixir)
- Exercicios xenéricos de forza: subirei exemplos prácticos á páxina
- Xogos de lanzamento e precisión: petanca, bolos, encestes,...
- Xogos de flexibilidade tipo Twister (subirei exemplos prácticos á páxina)

3ª. VOLTA Á CALMA (10´) Rematamos a sesión con exercicios de flexibilidade parecidos aos do inicio da sesión, con exercicios de respiración profunda e relaxada (subirei vídeo para que sirva de modelo)


Chicos e chicas, podedes seguir este plantexamento de sesión ou organizar o tempo ao voso gusto en función da vosa situación e dos vosos intereses. A ver se conseguides os 60´minutos diarios de actividade física que estaría moi ben. Anímovos a intentalo. Irei pouco a pouco subindo cousas á páxina que vos poidan servir de exemplo e estimular. Non vos esquezades dos xogos de sempre que inda que non son de moito movemento, son estupendos para a axilidade mental e a diversión en grupo:  cartas, parchís, damas, xadrez, trivial,... Moito ánimo para tod@s e esperemos que non se alongue demasiado esta situación. Un saúdo do profe Ángel.


Ningún comentario:

Publicar un comentario