luns, 30 de marzo de 2020

TRABALLO LUNS 30/03/2020


Bo día, 

Que tal de fin de semana? Espero que todo ben. Comezamos a última semana antes das vacacións de Semana Santa, así que a traballar!

Lembrarvos que non esquezades entregar a creación literaria desta semana e mailo traballo de plástica. E que o traballo de hoxe, agás lingua galega, o prazo é ata mañá martes as 9:00h. O prazo de lingua, remata o mércores 1 de abril. 

Como se vos da tan ben iso de contar contos, volvín a colgar outros contiños para repetir a tarefa. Así que botádelle un ollo na entrada que fixen especialmente para esta actividade, que ten de prazo ata o venres desta semana. 

LENGUA ESPAÑOLA

Yo también he hecho los deberes, y he puesto voz al cuento "Así es la vida" de Ana Luisa Ramírez y Carmen Ramírez. Espero que os guste. 


Si alguien no es capaz de ver el vídeo, dejo aquí el cuento en formato pdf para que podáis leerlo. 


Una vez hayáis escuchado el cuento, pincháis en este documento de Drive y contestáis a las preguntas. ¡OJO! En la pregunta 9, deberéis escribir una carta. 




MATEMÁTICAS

1) Hacemos este Kahoot sobre las fracciones:


2) De las fotocopias, hacemos los ejercicio 18 y 19 de la página 9

3) De la página 15, hacemos el ejercicio 7 y 8. 

LINGUA GALEGA (PRAZO DE ENTREGA: MÉRCORES 1 DE MARZO)

Gustaríame que fixerades unha narración/redacción sobre a situación que estades vivindo vós e as vosas familias, estes días de confinamiento.

O texto deberá estar estruturado en 4 partes (4 párrafos):

- No primeiro, debedes de contar a situación xeral que se está a vivir no país e no mundo.

- No segundo, debedes de comentar os aspectos negativos que vos estades atopando con estas situación.

- No terceiro, faledes dos aspectos positivos que estades vivindo o que podedes extraer desta situación.

- E por último, no cuarto párrafo, facedes unha reflexión final.

SOCIAIS

Non esquezades repasar un pouquiño para a autoavaliación de mañá. Vale?

Veña ánimoooo!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario