martes, 31 de marzo de 2020

TRABALLO MARTES 31/03/2020

Bo día, 

Grazas polas cartas de onte, emocionáronme de verdade :) estou segura que lles van a encantar!!!

Hoxe toca rematar e empezar algúns temas novos, así aí vos van!!!

CIENCIAS SOCIAIS

1) Aquí tedes a autoavaliación da Idade Media. Moita sorte!!!!


2) Comezamos coa Idade Moderna. Ledes o documento de Drive e facedes o resumo/esquema desta parte: 



MATEMÁTICAS

Del tema de los decimales, hacés de la página 9 ejercicios 20, 21,22

Del siguiente pdf, el cual debéis descargar de este enlace, leéis y hacéis las dos primeras páginas (ejercicios del 1 al 7). Estos podéis hacerlos en un documento de Drive, si queréis. 



LINGUA GALEGA

Lembrade que tedes que entregar a redacción sobre o confinamiento. 

Das fotocopias, da páxina que leva por título "O campo semántico ou léxico" facedes tódolos exercicios (do 1 ao 5) 

Da fotocopia que está a continuación desta, facedes do 1 ao 5. 

Moito ánimo!!! Xa falta menos!!!! Forzaaaa!!!!


luns, 30 de marzo de 2020

TRABALLO LUNS 30/03/2020


Bo día, 

Que tal de fin de semana? Espero que todo ben. Comezamos a última semana antes das vacacións de Semana Santa, así que a traballar!

Lembrarvos que non esquezades entregar a creación literaria desta semana e mailo traballo de plástica. E que o traballo de hoxe, agás lingua galega, o prazo é ata mañá martes as 9:00h. O prazo de lingua, remata o mércores 1 de abril. 

Como se vos da tan ben iso de contar contos, volvín a colgar outros contiños para repetir a tarefa. Así que botádelle un ollo na entrada que fixen especialmente para esta actividade, que ten de prazo ata o venres desta semana. 

LENGUA ESPAÑOLA

Yo también he hecho los deberes, y he puesto voz al cuento "Así es la vida" de Ana Luisa Ramírez y Carmen Ramírez. Espero que os guste. 


Si alguien no es capaz de ver el vídeo, dejo aquí el cuento en formato pdf para que podáis leerlo. 


Una vez hayáis escuchado el cuento, pincháis en este documento de Drive y contestáis a las preguntas. ¡OJO! En la pregunta 9, deberéis escribir una carta. 




MATEMÁTICAS

1) Hacemos este Kahoot sobre las fracciones:


2) De las fotocopias, hacemos los ejercicio 18 y 19 de la página 9

3) De la página 15, hacemos el ejercicio 7 y 8. 

LINGUA GALEGA (PRAZO DE ENTREGA: MÉRCORES 1 DE MARZO)

Gustaríame que fixerades unha narración/redacción sobre a situación que estades vivindo vós e as vosas familias, estes días de confinamiento.

O texto deberá estar estruturado en 4 partes (4 párrafos):

- No primeiro, debedes de contar a situación xeral que se está a vivir no país e no mundo.

- No segundo, debedes de comentar os aspectos negativos que vos estades atopando con estas situación.

- No terceiro, faledes dos aspectos positivos que estades vivindo o que podedes extraer desta situación.

- E por último, no cuarto párrafo, facedes unha reflexión final.

SOCIAIS

Non esquezades repasar un pouquiño para a autoavaliación de mañá. Vale?

Veña ánimoooo!!!!

venres, 27 de marzo de 2020

LECTURAS NARRADAS (CONTACONTOS 2)


Esta semana, repetimos a tarefa de ser contacontos... 

Teño que dicir que encantáronme os vosos audios, fixéstelo moi ben, sodes todos uns actores e actoras (ou era actrices???) ;)

Pois como xa sabedes o que hai que facer, mans á obra!!! Esta vez seleccionei estes contos e poemas. Escollede un e veña, a practicar!!

Se algunha persoa prefire facelo cun contiño que teña pola casa, adiante, tamén é válido. O caso é que o leades coma se o estiverades contanto a algún/algunha cativo/a.

TEDES DE PRAZO ATA O PRÓXIMO VENRES, DÍA 3/04/2020 PARA MANDAR OS VOSOS AUDIOS

ÁNIMO E A INTERPRETAR!!






VENRES 27/03/2020



Bo día, 

Aquí vos deixo as tarefas para hoxe venres 27/03/2020. O prazo de entrega remata o luns ás 9:00h. 

Non esquezades a creación literaria da semana que vén. 

Ánimo!

SOCIAIS

1) Facedes a autoavaliación no seguinte enlace:

Sorte!!!

AUTOAVALIACIÓN SOCIAIS

2) Unha vez feita a autoavaliación, ledes a Arte nos reinos cristiáns e facedes o esquema/resumo

3) Vedes estes vídeos que vos axudarán a entender mellor as características dos dous estilos artísticos:





LECTURA

Realizamos la siguiente lectura. Y ya sabéis, el domingo no os olvidéis de cambiar la hora por una más!!!

TE COMPRO UNA HORA


MATEMÁTICAS

Pincháis en este enlace y hacéis los siguientes problemas.

PROBLEMAS

LINGUA GALEGA

1) Das fotocopias "Palabras que se escriben xuntas ou separadas" faces os exercicios 24 e 25.

2) Ledes as regras de ortografía do x e s. 

3) Da fotocopia que leva por título "Ortografía: palabras con x e s" que está xusto antes da fotocopia que fixen eu a man. Facedes os exercicios do 1 ao 6

xoves, 26 de marzo de 2020

XOVES 26/03/2020


Bo día, 

Que tal estades hoxe? Espero que todo siga ben. 

Lembrarvos que hoxe remata o prazo para entregar o relato curto e o taller de poesía da semana anterior. 

Non vos esquezades que mañá, venres, remata o prazo para mandar os audios coas vosas narracións e que faremos un pequeno control de Sociais. 

As persoas que queiran participar no concurso do relato curto, por favor teñen que enviarme o arquivo co título DATOS. Está explicado o que tedes que poñer na entrada relacionada con Relato Curto. 

Dito isto, agora toca traballar! Xa sabedes que o prazo para mandar estas tarefas (a excepción do taller de poesía de hoxe) rematará o venres ás 9h. Pídovos por favor, que non enrededes, que estades a mandar un pouco tarde as tarefas e deberíades traballar pola mañá e deixalo listo, xa. 

O traballo para hoxe é o seguinte:

LECTURA

Como vexo que tedes dificultades para contestar a preguntas que non se responden de forma literal coa información do texto, imos a traballar isto, que se chaman inferencias. Xa sabedes de que vai, Acordádesvos cando en clase xogamos aos detectives? Pois é o mesmo. 



MATEMÁTICAS

Os dejo un par de Kahoots para repasar lo aprendido de los decimales. Estará activo hasta mañana a las 9h. Por favor, poned vuestro nombre o apellido real, o algún nick que yo pueda saber quienes sois, porque después recibo los resultados y veo vuestros aciertos y fallos.





Para este Kahoot coged papel y lápiz porque hay que resolver operaciones algo más complejas. ¡Suerte!


Y este para repasar las fracciones



TALLER DE POESÍA (Fecha de entrega: Hasta el jueves 2 de abril)

En el taller de hoy vamos a hacer dos ejercicios: COCINAR UN HAIKU Y RESTAURANTE POÉTICO

1) COCINAR UN HAIKU




Sigue la estructura de los versos y las sílabas de un haiku. Los haikus tienen una estructura estricta: tres versos, con 5, 7 y 5 sílabas. Esto significa que el primer verso debe tener cinco sílabas; el segundo, siete sílabas; y el último, cinco sílabas.[6]
  • En total, el poema tendrá diecisiete sílabas. Para contar las sílabas de una palabra, ponte la mano debajo de la barbilla. Luego, pronuncia la palabra. Cada vez que la barbilla toque la mano, deberás contar una sílaba.
  • No es necesario que un haiku rime o lleve un ritmo específico, siempre y cuando cumpla con el conteo de las sílabas.

Describe el tema con detalles sensoriales. Los haikus intentan darle al lector una sensación breve del tema con el uso de los sentidos. Piensa en el olor, la sensación, el sonido, el sabor y el aspecto del tema. Descríbelo empleando los sentidos para darle vida y poder en la página.
  • Por ejemplo, podrías escribir sobre el “olor a almizcle de las agujas de pino” o sobre el “sabor amargo del aire matutino”.
  • Si el haiku se trata sobre alguien específico, como tu perro, puedes describir el “repiqueteo de sus garras en las baldosas” o el “pelaje húmedo del perro mojado”.

Escribe el poema en presente. Dale inmediatez al haiku con el tiempo presente, en lugar del pasado. Además, el presente hará que los versos sean sencillos y fáciles de entender.

Termina con un verso que sorprenda. El último verso de un buen haiku será intrigante y dejará al lector con una imagen final sorprendente o reflexionará sobre los dos versos anteriores de una forma asombrosa.

  • Por ejemplo, el haiku del poeta japonés Kobayashi Issa tiene un último verso sorprendente: “Vuelvo a mi pueblo:/ lo que me sale al paso/ se vuelve zarza”.

RESTAURANTE POÉTICO




ESTA ES LA CARTA DE NUESTRO RESTAURANTE POÉTICO:



AHORA MEZCLANDO A TU GUSTO LOS INGREDIENTES DE LAS TRES COLUMNAS DE LA FOTOGRAFÍA, CREARÉIS VUESTRA PROPIA CARTA EN LA QUE HABRÁ TRES PRIMEROS (O ENTRANTES), TRES SEGUNDOS Y TRES POSTRES. ¡AH! ¡Y NO OS OLVIDÉIS DE LAS BEBIDAS!




¿QUÉ TAL HA QUEDADO? ¡¡¡SEGURO QUE PARA CHUPARSE LOS VERSOS!!!


LINGUA GALEGA

Das fotocopias facemos os seguintes exercicios:

- Ortografía Hai, aí e ai! Facemos os exercicios 23 e 24
- Da seguinte fotocopia "Diferenza entre por que, porque e porqué", a lemos e a facemos enteira. 
- Da fotocopia "Diferenza entre non e senón", a lemos e facemos os exercicios 1, 3 e 5 (os que pon escrito "non", non os facemos). 


Y para rematar un KAHOOT para repasar un pouquiño Sociais!!!

mércores, 25 de marzo de 2020

MÉRCORES 25/03/2020


Bo día, 

Este é o traballo para hoxe mércores 25/03. Xa sabedes que tedes de prazo ata mañá, xoves, as 9:00h para enviarme as tarefas. 

Non vos esquezades que mañá, xoves, deberedes mandarme o relato e o taller de poesía. (Quen non o fixera xa, claro)

LECTURA

Ler o seguinte texto e contestar ás preguntas


MATEMÁTICAS

Hacemos este cálculo mental de problemas. 


De las fotocopias hacemos: 

Página 13: Ejercicio 8

Página 14: Ejercicios del 1 al 6.

LENGUA ESPAÑOLA

En este documento de Drive os dejo la explicación de las palabras Homófonas con H con una serie de ejercicios. Los hacéis todos:


CIENCIAS SOCIAIS

1) Facer os dous Kahoots, para repasar, que vos mandei ao correo, antes das 14h. 

2) Facer o resumo/esquema dos Monxes (Mosteiros e vida dos monxes)

3) Facer os exercicios 1, 2 de "Que farías se...?; e da seguinte páxina do apartado "Investiga" os exercicios 1,2 e 3. 

4) Estudamos para o venres




martes, 24 de marzo de 2020

ARTS AND CRAFT. HOW TO DRAW...?


Hi everyone!

Thanks for your Meninas!!! You work very hard! I love all of them!!!

This week, I would like you to draw a little bit. So, you have to enter on this web:

https://artprojectsforkids.org/my-drawing-tutorial-portfolio/gallery/


Choose one animal and draw it! You have to draw and colour your animal!

If you click on the animal, you can download a pdf Tutorial with all the steps.


I am sure that you are going to do very well!!!


COME ON AND ENJOY IT!!!

YOU HAVE ONE WEEK TO SEND ME THIS TASK (NEXT TUESDAY)



TRABALLO MARTES 24/03/2020

Bo día,

Este é o traballo para hoxe martes 24/03. 

ARTS AND CRAFTS

Noutra entrada do blog, colguei traballo para plástica. Tedes que debuxar un animal. O prazo remata o vindeiro martes 31/03.

LECTURA

Realiza la lectura y contesta a las preguntas sobre la misma: 

EDUCAR

MATEMÁTICAS

Pinchade no enlace e facede o cálculo mental (se tedes problemas, volo mando coma onte)

CÁLCULO MENTAL

Das fotocopias facedes: 

Páxina 13: Exercicios do 1 ao 7

CIENCIAS SOCIAIS

1) Ledes as dúas fotocopias sobre os Campesiños (As terras do feudo ou señorío medieval)

2) Facedes esquema/resumo desas fotocopias. 

3) Contestades ás actividades a,b,c,d,e

4) Vedes estes vídeos para completar e entender mellor a vida dos campesiños na Idade Media. 

5) Estudiades porque o VENRES vou facer un CONTROL dende o principio do tema ata "A vida nos castelos", incluído. 





LINGUA GALEGA

Traballades no voso relato, que vos recordo que é para o xoves. 


MOITO ÁNIMO E FORZAS!!!!!

luns, 23 de marzo de 2020

ACTIVIDADE CONTACONTOS



Para practicar a lectura en voz alta, gustaríame que lerades estes tres contos para explicarlle que é o Coronavirus, aos máis cativos. 



Polo tanto, o exercicio será o seguinte:

1) Ler os tres contos comprendendo ben o que estes din.

2) Dos tres, escoller o que máis os guste.

3) Practicar a lectura en voz alta do escollido, pensando en como sería a entoación axeitada se llo contáramos aos/ás máis pequenos/as. Se temos irmáns ou irmás menores na casa, é un bo momento de contarlles un conto. Senón, podemos practicar coas nosas familias.

3) Unha vez moi ben practicado, toca gravarse en audio e enviarmo a ver que tal soa. Seguro que as mil marabillas!!!

TEDES DE PRAZO PARA MANDARME O AUDIO ATA O VENRES 27

PROHIBIDO TER VERGOÑA!!!! A VER COMO MOSTRADES ESA FACETA DE CONTACONTOS!!!!!


ÁNIMOOOOOO!!!!!!

TRABALLO LUNS 23/03/2020


Bo día chic@s!

Espero que pasarades unha boa fin de semana! Hoxe, comezamos unha semana nova, así que ahí vai o traballo para hoxe: 

Xa sabedes, coma sempre, podedes mandar as tarefas a través de Drive ou por fotografia. Tedes de prazo ata o martes ás 9:00h. Non vos esquezades de mandar as do venres, se alguén se esqueceu...

A creación literaria pode ser enviada entre hoxe e mañá. Non esquezades o traballo de plástica (colgarei un novo está semana). 

Ao longo da mañá de hoxe, vou colgar unha actividade de lectura, para que esteades pendentes, aínda que xa vos aviso por correo. 

Hoxe para empezar.... Unha visita guiada pola Alhambra de Granada, cuna do Al-Ándalus, como xa sabedes. (ESTA ACTIVIDADE É OPTATIVA, SENÓN TEDES POSIBILIDADES OU DATOS SUFICIENTES, NON É NECESARIO QUE ENTREDES, AÍNDA QUE SI É INTERESANTE) 



LINGUA GALEGA

Le este texto e responde ás preguntas nun documento de Drive



MATEMÁTICAS

1) Hacemos las 5 tandas de este cálculo mental. Hoy consiste en multiplicaciones por la unidad seguida de ceros. Una vez hecha cada tanda se puede autocorregir, así que me podéis enviar en un correo los resultados obtenidos en cada tanda.


2) De las fotocopias del tema, de la página 9 hacemos el ejercicio 17.

3) Hacemos los problemas que quedan del 21 al 26.

4) Resolvemos estas multiplicaciones:

a) 6,4596x36,4
b) 9,2542x8,9
c) 64, 32x 6,8


LENGUA CASTELLANA

Resultado de imagen de explicacion a ver y haber

1) De las fotocopias de las homófonas "ha/a y haber/a ver" hacemos los ejercicios 31, 32, 33, 34.

Resultado de imagen de HOMOFONOAS LL Y Y

Resultado de imagen de HOMOFONOAS LL Y Y

2) Y de la ll/y, leemos las palabras y hacemos los ejercicios 26, 27 y 28.

3) Hacemos estos ejercicios de la ll/y, los autocorregís y en el mismo correo me mandáis el resultado.


 (Si alguna persona tiene dificultades para abrir estos enlaces, que me lo diga y se lo hago llegar de otra manera)

4) Para repasar el pronombre hacéis este ejercicio y con el correo del cálculo mental, me decís que resultado obtuvisteis.



ÁNIMOOOOOO  E A TRABALLAR!!!!!


venres, 20 de marzo de 2020

CERTAME RELATO CURTO . FANPA

Resultado de imagen de certame relato curto non te durmas



Tódolos anos, gústame participar co meu alumnado neste certame de Relato curto, organizado pola FANPA. 


Algúns relatos dalgún/dalgunha dos vosos/as compañeros/as do cole, doutros cursos, foron seleccionados e publicados nun libro que se edita en cada certame. 

Este ano, no vai a ser menos, e tal e coma tiña pensado, gustaríame que vós tamén participásedes. As circunstancias non nolo van impedir. 


 Os premios serán os seguintes:

• Para o gañador/a de cada categoría (primaria, secundaria, bacharelato/formación profesional e adultos): un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada polo ilustrador Manolo Figueiras.

• Para os 20 autores finalistas destacados: un obradoiro de creación literaria que impartirá no mes de xuño a escola de escritores da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

• Para os 120 autores finalistas: un libro colectivo cos seus relatos e co relato feito expresamente para o certame por un escritor profesional, nesta edición é Manuel Lourenzo.

• Tanto os relatos gañadores coma todos os finalistas publicaranse tamén no Diario de Pontevedra durante as vacacións de verán.

Penso que é moi interesante que vos poidan publicar os vosos relatos nun libro, eso no é algo do que tódalas persoas poidan presumir!!!

Así que déixovos as bases: 

1º Os relatos deberán ser orixinais, inéditos, non premiados noutros certames, de temática libre e escritos en lingua galega. Cando se promovan dende os colexios e institutos, serán descartados os grupos de relatos de temática semellante.
2º Poderán presentarse todos os alumnos e alumnas dos centros públicos da provincia de Pontevedra de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional. Tamén poderán presentarse as persoas adultas (familiares, profesorado e alumnado universitario dos campus de Pontevedra e Vigo).
3º Cada autor/a só poderá presentar un relato que terá unha extensión mínima de 200 palabras e máxima de 300. Estará escrito en Times New Roman, de tamaño 12 pt. e interliñado de 1,5 liñas.
4º Os relatos enviaranse en arquivos en formato .doc, .docx ou .odt ao enderezo de correo electrónico certame.relatocurto@nontedurmas.org
5º Enviaranse dous arquivos no mesmo correo:
1. Denominado DATOS (este arquivo é para a organización) no que figurará o relato completo e os seguintes datos do/a participante:

• o pseudónimo utilizado

• o nome e apelidos do autor/a

• o curso do alumno/a

• o centro escolar onde estuda o alumno/a
• o correo electrónico persoal
• o teléfono persoal
• o relato

2. Denominado RELATO (este arquivo é para o xurado) no que figurará:

• o título do relato

• o relato

• o pseudónimo utilizado

• a categoría (primaria, secundaria, bacharelato/formación profesional
ou adultos).

6º O prazo de envío dos textos finalizará o 29 de marzo de 2020.

Polo tanto, esta é unha actividade OBRIGATORIA. Todos e todas tedes que facelo. Aquelas persoas que non queiran participar no concurso, non se enviarán os seus realatos, pero teñen que facelo igualmente. 
O NOSO PRAZO REMATA O XOVES 26 DE MARZO, PARA QUE EU TEÑA TEMPO DE CORRIXIR OS RELATOS E QUE POIDADES MODIFICALOS. 
ENVIADE OS RELATOS EN DRIVE. E LEMBRADE: A TEMÁTICA É LIBRE E A EXTENSIÓN TEN QUE TER UN MÍNIMO DE 200 PALABRAS E UN MÁXIMO DE 300, CONTANDO O TÍTULO DO RELATO. (O word ten un contador de palabras). 
VEÑA ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, QUE PODE SER MOI INTERESANTE!!!!


VENRES 20/03/2020

Bo día a tod@s, 

Tiven problemas hoxe co meu ordenador, pero xa os arranxei. Que susto, pensei que lle entrara un virus e estiven pasándolle o antivirus e claro, ata que finaliza o análise, non che deixa funcionar. Síntoo moitísimo!!!

Espero que onte pasárades un moi bo día do pai e de San José, se tedes algún/algunha na casa. 

Hoxe, toca de novo traballar, así que déixovos as tarefas a realizar durante este venres. Tal e como sucedería na escola, o prazo para entregar estas tarefas remata o LUNS ás 12:00h da mañá (debido a este pequeno percance que tiven hoxe co meu portátil). Aínda que o meu consello é,non deixalo para o último momento, xa que o luns vaise mandar novo traballo. 

A CREACIÓN LITERARIA, poderá ser presentada o luns ou o martes e o TALLER DE POESÍA poderá ser presentado ata o xoves 26. 
Os traballos que estean fóra de prazo, contarán como NON PRESENTADOS. 

A gran maioría de vós, cumpriu co prazo establecido para o mércores, seguide así e os/as que non, no vos despistedes, por favor! 

Coma sempre, podedes mandar as tarefas nun documento de drive ou por fotografía. Excepto matemáticas, que ten que ser en fotografía, para que eu poida ver como facedes as operacións. 

Dito isto, aí vai o traballo:

LENGUA ESPAÑOLA:

Lectura: Los amigos

PINCHÁIS EN EL ENLACE, hacéis la lectura y contestar a las preguntas. La pregunta 10, deberá ser contestada en el drive habilitado para ello. (está explicado en el texto)





Taller de poesía: (Entrega: Dende hoxe ata o xoves 26)


Como ayer jueves, fue festivo, pues cambiamos para hoy el taller. Lee atentamente las tres páginas seguid las instrucciones: 










DEBÉIS ESCRIBIR 4 PEQUEÑAS POESÍAS, EN LAS QUE CONTÉIS QUE PENSARÁN TU SILLA, TUS ZAPATOS, TU MOCHILA Y TU MASCOTA. 


MATEMÁTICAS






SOCIAIS

1) Ler a seguinte páxina: Señores e vasalos, Vida nos castelos, o Castelo feudal e facer un esquema/resumo.


2) Contestar ás 5 preguntas desa páxina. 

3) Investiga: como eran os banquetes e as comilonas nos castelos da Edade Media.


4) Investiga: Como era a ceremonia de investidura dos soldados na Edade Media?

5) Ver estes vídeos: 







6) Estudar todo o tema dende o principio ata aquí, o martes ou mércores, tentarei facer un pequeno control. 

LINGUA GALEGA

1) Das fotocopias facer "Palabras homófonas", exercicios do 1 ao 6

2) Ler a entrada titulada "VIII Certame Relato Curto. FANPA"

EDUCACIÓN FÍSICA

O profe Ángel colgou máis cousas na páxina web do cole, para que poidades facer exercicio dende a casa e que eses músculos e ósos non se oxiden!!!



MOITO ÁNIMO!!!!!