venres, 20 de marzo de 2020

CERTAME RELATO CURTO . FANPA

Resultado de imagen de certame relato curto non te durmas



Tódolos anos, gústame participar co meu alumnado neste certame de Relato curto, organizado pola FANPA. 


Algúns relatos dalgún/dalgunha dos vosos/as compañeros/as do cole, doutros cursos, foron seleccionados e publicados nun libro que se edita en cada certame. 

Este ano, no vai a ser menos, e tal e coma tiña pensado, gustaríame que vós tamén participásedes. As circunstancias non nolo van impedir. 


 Os premios serán os seguintes:

• Para o gañador/a de cada categoría (primaria, secundaria, bacharelato/formación profesional e adultos): un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada polo ilustrador Manolo Figueiras.

• Para os 20 autores finalistas destacados: un obradoiro de creación literaria que impartirá no mes de xuño a escola de escritores da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

• Para os 120 autores finalistas: un libro colectivo cos seus relatos e co relato feito expresamente para o certame por un escritor profesional, nesta edición é Manuel Lourenzo.

• Tanto os relatos gañadores coma todos os finalistas publicaranse tamén no Diario de Pontevedra durante as vacacións de verán.

Penso que é moi interesante que vos poidan publicar os vosos relatos nun libro, eso no é algo do que tódalas persoas poidan presumir!!!

Así que déixovos as bases: 

1º Os relatos deberán ser orixinais, inéditos, non premiados noutros certames, de temática libre e escritos en lingua galega. Cando se promovan dende os colexios e institutos, serán descartados os grupos de relatos de temática semellante.
2º Poderán presentarse todos os alumnos e alumnas dos centros públicos da provincia de Pontevedra de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional. Tamén poderán presentarse as persoas adultas (familiares, profesorado e alumnado universitario dos campus de Pontevedra e Vigo).
3º Cada autor/a só poderá presentar un relato que terá unha extensión mínima de 200 palabras e máxima de 300. Estará escrito en Times New Roman, de tamaño 12 pt. e interliñado de 1,5 liñas.
4º Os relatos enviaranse en arquivos en formato .doc, .docx ou .odt ao enderezo de correo electrónico certame.relatocurto@nontedurmas.org
5º Enviaranse dous arquivos no mesmo correo:
1. Denominado DATOS (este arquivo é para a organización) no que figurará o relato completo e os seguintes datos do/a participante:

• o pseudónimo utilizado

• o nome e apelidos do autor/a

• o curso do alumno/a

• o centro escolar onde estuda o alumno/a
• o correo electrónico persoal
• o teléfono persoal
• o relato

2. Denominado RELATO (este arquivo é para o xurado) no que figurará:

• o título do relato

• o relato

• o pseudónimo utilizado

• a categoría (primaria, secundaria, bacharelato/formación profesional
ou adultos).

6º O prazo de envío dos textos finalizará o 29 de marzo de 2020.

Polo tanto, esta é unha actividade OBRIGATORIA. Todos e todas tedes que facelo. Aquelas persoas que non queiran participar no concurso, non se enviarán os seus realatos, pero teñen que facelo igualmente. 
O NOSO PRAZO REMATA O XOVES 26 DE MARZO, PARA QUE EU TEÑA TEMPO DE CORRIXIR OS RELATOS E QUE POIDADES MODIFICALOS. 
ENVIADE OS RELATOS EN DRIVE. E LEMBRADE: A TEMÁTICA É LIBRE E A EXTENSIÓN TEN QUE TER UN MÍNIMO DE 200 PALABRAS E UN MÁXIMO DE 300, CONTANDO O TÍTULO DO RELATO. (O word ten un contador de palabras). 
VEÑA ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, QUE PODE SER MOI INTERESANTE!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario