xoves, 18 de xuño de 2020

TRABALLO XOVES 18/06/2020

Bo día,
Hoxe vémonos no cole! Aínda que sexa a medias y "enmascarados"

Engadín 2 novos apartados, e prometo que son os derradeiros!!! Está quedando moi chulo todo o que escribides!!!

- Mi cápsula del tiempo: Tedes que copiar a diapositiva. (Deixamos unha tal cual está para non estropeala) E ides enchendo os ocos. Onde pon "Tu nombre", escribides o voso nome.

- De este curso me llevo: Tedes que copiar a diapositiva. (Deixamos unha tal cual está para non estropeala) E ides enchendo os ocos. Onde pon "Tu nombre", escribides o voso nome.

Hai compañeiros que non se animaron a escribir ou a poñer as fotos, e é unha pena, porque despois queda o recordo a medias. Así que, veña, animádevos todos a poñer unhas palabriñas que cando sexades un pouco máis maiores, seguro que vos fai moita ilusión volver a ler estas cousas!

MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR QUE XA É O ÚLTIMO DÍA!!!




martes, 16 de xuño de 2020

TRABALLO MÉRCORES 17/06/2020

Bo día,

En primeiro lugar no voso email tedes un correo dirixido ás vosas familias, que é importante que llo ensinedes.

Para continuar co noso "recopilatorio", hoxe engadín tres novos apartados:

- ¿Qué esperamos del año que viene?: Neste apartado gustaríame que explicárades as vosas inquedanzas, desexos, medos, expectativas, etc,  de cara á nova etapa que ides comezar. Non esquezades firmar o que escribades.

- Recuerdos de mis profes de 6º: Fixen unha diapositiva para cada un dos mestres/as que vos impartiron clase durante este ano, e nela, gustaríame que escribades o que queirades sobre nós, aqueles recordos que teñades, anécdotas do curso, cousas simpáticas, etc. pero sempre dun xeito respectuoso. Non esquezades firmar o que escribades.

- Cartas a nuestros "yo" del futuro: Imaxinade que vos escribides unha carta ao voso "eu" do futuro, contándolle os vosos pensamentos, sentimentos, emocións deste fin de curso tan estrano, pero para ler dentro de 10 anos. No título da diapostiva poñedes "Querida/o e o voso nome" (tedes a diapositiva de exemplo)

Podedes completar o resto dos apartados anteriores tamén. Canto máis volo "curredes", teremos un recordo moito máis chulo e emotivo. 

MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!

luns, 15 de xuño de 2020

TRABALLO MARTES 16/06/2020

Bo día!

Imos continuar co noso traballo recopilatorio...

Hoxe, engadín dous apartados novos:

- Mis compañer@s dicen de mí...: Neste bloque puxen os vosos nomes, e gustaríame que escribades unha dedicatoria para cada compañeir@ na que digades as súas características positivas e un desexo para o futuro.  Entón, tedes que escribir 13 dedicatorias. 
Se non vos entrasen todas as cousas nunha diapositiva, podedes insertar máis. 

- Así empezamos primaria, y así la acabamos: Neste bloque gustaríame que cada un/unha de vós busquedes unha foto de cando estabades en 1º de primaria e unha foto actual. Para contrastar o antes e o despois! 

Despois gustaríame pedirvos que se algún ten as fotos grupais de tódolos anos (as que se fan cos titores a final de curso) que tamén as peguedes na presentación poñendo o curso. 

Veña! Que se nos esforzamos quedará un traballo de recordo ben chulo!

POR CERTO, NON VOS ESQUEZADES DAS POESÍAS SOBRE OS COMPAÑEIR@S DA CLASE!

MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!

TRABALLO LUNS 15/06/2020

Bo día!

Entramos na recta final do curso e esta semana pode ser un bo momento para lembrar todos aqueles recordos do noso paso pola etapa primaria. 

Por iso, propóñovos unha actividade para facer entre tod@s un pequeno recopilatorio e que así vos quede de recordo. 

Neste enlace abrín unha presentación que podedes editar e durante esta semana irei engadindo cousiñas novas que podedes ir aportando. 


Hoxe, gustaríame que contarades anécdotas graciosas, importantes, simpáticas, significativas para vós, que sucederan durante o voso paso pola etapa primaria dende 1º ata 6º. 

E que, se tedes fotos e vídeos de momentos que para vós foran importantes ou divertidos, pois tamén os engadides no apartado correspondente.  Non se trata de que poñades todo o que tedes, senón aquelas fotos ou vídeos, que por algunha razón en especial son importantes para vós. 

Sería moi chulo que tod@s participarades con algo, xa que este ano non temos graduación, polo menos ter un documento de recordo de tódalas vosas vivencias en primaria. 

Podedes engadir tantas diapositivas como queirades!

LENGUA CASTELLANA

En Liveworksheets, hacéis la página 48 en la que debéis investigar qué paso el día de vuestro nacimiento. ¡Qué intriga!

MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!!

venres, 12 de xuño de 2020

TRABALLO VENRES 12/06/2020

Bo día, 

Este é o traballo para hoxe:

MATEMÁTICAS

Hacemos las páginas 27, 28 y 29. 

LINGUA GALEGA

- Facemos a páxina 39 sobre o adverbio. 

- Na páxina 40, cubrimos o cómic.

- Na páxina 41, inventamos unha entrevista seguindo as pautas, ou podemos facerlla a alguén da casa, pero non esquezades que a facemos en galego aínda que a ficha estea en castelán. 

CIENCIAS SOCIAIS

Facemos dende a páxina 15 ata a 19. 

Podedes xogar cos mapas dos enlaces destes días atrás e así tamén practicades un pouquiño. 


MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!! BOA FIN DE SEMANA!!!



mércores, 10 de xuño de 2020

TRABALLO XOVES 11/06/2020


Bo día,


Este é o traballo para hoxe: 

MATEMÁTICAS

Entramos en Liveworksheets y hacemos de la página 23 a la 26  del cuaderno de Enteros. 

TALLER DE POESÍA

En un documento de Drive, hacemos una poesía dedicada a todos nuestros/as compañeros/as, hablando de lo que fue para vosotros este curso en relación con ellos/as. Sería interesante que los nombraseis a todos/as. 

CIENCIAS SOCIAIS

Para practicar a Xeografía de España, primeiro facemos estes xogos: 


Despois en Liveworksheets, facemos desde a páxina 9 ata a 14. 


MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!!

TRABALLO MÉRCORES 10/06/2020

Bo día, 

Antes de nada, tedes que facer as tarefas de inglés e relixión que se vos indican no blog do colexio. As profesoras Ana e Patri, me comunican que moitos de vós non as estades entregando, así que tedes que ser responsables coas outras materias tamén. 

Entramos en Liveworksheets e este é o traballo para hoxe:

MATEMÁTICAS

Páginas 20, 21 y 22 del cuaderno de números enteros. 

LENGUA ESPAÑOLA

De la página 43 a la 47. 

* Los verbos defectivos: Son aquellos que no se pueden conjugar en todas las formas habituales, sino en alguna de ellas. Son por ejemplo, algunos verbos que, por su significado, solo se conjugan en tercera persona como suceder, ocurriracontecer, soler y acostumbrarLos verbos meteorológicos también son defectivos porque solo se conjugan en tercera persona (llover, nevar, granizar, etc.)

*Los verbos auxiliares: Son los verbos ser, estar y haber.

LINGUA GALEGA

Facemos a historia da páxina 38 do caderno de Lingua. 


MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!



martes, 9 de xuño de 2020

TRABALLO MARTES 9/06/2020

Bo día,

En primeiro lugar...PARABÉNS A PABLO DIZ, QUE ESTÁ HOXE DE ANIVERSARIO!!!!

ESPERAMOS QUE DESFRUTES MOITO DO TEU DÍA!!!

Como hoxe tamén toca traballar, entramos en Liveworksheets e este é o traballo de hoxe:

MATEMÁTICAS

Páginas 16, 17, 18 y 19.

Nos leemos bien la sustracción (resta) de números enteros. ¡Es muy importante que nos veamos el vídeo explicativo!

Al verlo, nos quedaremos con que siempre que haya un signo negativo delante de un paréntesis, cambia el signo de dentro por el contrario:

(+3) - (-5)=) (+3) + (+5) = +8
(+2) - (+4) = (+2) + (- 4)= - 2

LINGUA GALEGA

Facemos as páxinas 35, 36 e 37.

CIENCIAS SOCIAIS

Hoxe toca repaso de provincias e ríos principais de España. Nestes enlaces podedes xogar e repasar:




Despois facemos as páxinas 6, 7 e 8 do caderno de Sociais.

ARTS AND CRAFTS

Esta semana, como derradeiro traballo do curso, invítovos a recrear unha obra de arte con obxectos e/ou persoas, dende as vosas casas! Podedes invitar á familia, amigos e mascotas a participar. Buscade a mellor forma de caracterizarvos e deixade fluir a vosa imaxinación!
Os pasos a seguir son moi sinxelos:
Número un: elexir a obra favorita, sexa cadro, escultura, mural ou calquera outra técnica.
Número dous: localizar prendas, accesorios, comida ou calquera cousa que estao ao alcance e sirva para a recreación.
Número tres: imitala obra. Non ten que haber persoas á forza; hai recreacións que utilizan unicamente obxectos ou incluso mascotas.
Número catro: Facer a foto e enviarma xunto coa imaxe da obra orixinal, indicando o autor/a e título da obra orixinal e nome e apelidos e curso, do/ autor/a da "copia". 
A ver quen consegue facer a obra pictórica máis parecida!!!
 O prazo de entrega finalizará o 15 de xuño. 

MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!

luns, 8 de xuño de 2020

TRABALLO LUNS 8/05/2020

Bo día!

Este é o traballo para hoxe: 

MATEMÁTICAS

En Liveworksheets, hacemos las páginas 13,14 y 15 del cuaderno de "Números enteros". 

Recordad que cuando sumamos, para eliminar paréntesis, nos quedamos con el signo que haya dentro del mismo.  

LENGUA CASTELLANA

Hoy toca lectura; repaso de los tiempos verbales de la primera conjugación y trabajar los adverbios, las preposiciones y las conjunciones.

Para ello, en Liveworksheets hacemos de la página 37 a la 42. 


¡¡ MUCHO ÁNIMO Y A TRABAJAR QUE YA NO QUEDA NADA!!

xoves, 4 de xuño de 2020

TRABALLO XOVES 4/05/2020

Bo día,

Este é o traballo para hoxe. Lembrarvos que mañá non haberá tarefas por ser a recollida de material. 
Non esquezades a creación literaria da vindeira semana, que xa é a última! 

MATEMÁTICAS

En Liveworksheets, leemos y vemos el vídeo de la suma de números enteros (página 9) y después hacemos las fichas de la 10, 11 y 12. 

TALLER DE POESÍA

Hacemos la ficha número 11. (No es necesario hacer el dibujo aunque lo ponga el enunciado)

CIENCIAS SOCIAIS

- Imos repasar a xeografía de España. 

Para repasar podedes xogar con estes mapas e ver de que vos lembrades das comunidades autónomas e das súas capitais:





Despois de xogar, en Liveworksheets, no caderno de Ciencias Sociais, facedes as fichas 4 e 5. 


MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!

mércores, 3 de xuño de 2020

TRABALLO MÉRCORES 3/06/2020

Bo día, 

Entramos en Liveworksheets e este é o traballo para hoxe:


MATEMÁTICAS

- Del cuaderno de Números enteros, hacemos las páginas 5, 6, 7 y 8. 

LINGUA GALEGA

- Facemos as páxinas 32, 33 e 34. 

Aínda que na páxina 33, as preguntas estean en español, nós facémola en galego. Vale?

E para facer a páxina 34, antes debedes ver esta curtametraxe "Piper"



LENGUA ESPAÑOLA

- Hoy hablaremos del adverbio. 

El Adverbio! | Adverbios, Educación español, Aprender español

Después de leer esto, hacemos desde la página 32 hasta la 36.  

VALORES SOCIAIS E CÍVICOS

- Facemos as páxinas 6 e 7. (data de entrega: antes do mércores 10/06)

MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!

martes, 2 de xuño de 2020

TRABALLO MARTES 2/06/2020

Bo día!

Que tal foi a fin de semana? Espero que moi ben!

Lembrarvos que este venres, día 5, a partir das 10h poderedes ir a buscar o voso material. Ese día non haberá tarefas. Se alguén ten algún problema, que mo faga saber canto antes. Grazas. 

Non esquezades entregala creación literaria!

Este é o traballo para hoxe:

MATEMÁTICAS

- Empezamos un tema nuevo "Los números enteros"

En Liveworksheets, entráis en el cuaderno Números enteros y hacéis las fichas de la 1 a la 4. 

LINGUA GALEGA

No caderno de lingua de Liveworksheets facedes as fichas 28, 29, 30 e 31. 

(Para facer os exercicios dos verbos, podedes axudarvos do apéndice das conxugacións verbais que tedes no tema en pdf.)

CIENCIAS SOCIAIS

Facemos as preguntas da 1 á 6 sobre o século XXI (A data de entrega disto será o xoves día 4) 



MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!!!

venres, 29 de maio de 2020

TRABALLO VENRES 29/05/2020

Bo día a tod@s!

Este é o traballo para hoxe. Lembrarvos que o luns non haberá tarefas por ser festivo.

Non vos esquezades da creación literaria desta semana.

Boa fin de semana!!!!

MATEMÁTICAS

Hoy por ser viernes, toca repaso de todo un poco.

Entramos en Liveworksheets y hacemos:

- Del cuaderno de cálculo las páginas 13 y 14.

- Del cuaderno de Porcentaje y Proporcionalidad la página 43.

LENGUA ESPAÑOLA

¿Cómo imagináis el fin del COVID-19? Seguro que os han pasado un montón de ideas por la cabeza, reales o imaginarias, pero seguro que fascinantes..

Vamos a crear una historia alucinante para el fin de este virus, ¡ Pero una que enganche!

En este pdf, que es para descargar y poder escribir en él, debéis inventar un final para el COVID-19 con todos los ingredientes que figuran en los dibujos. Después me lo enviáis como adjunto en un correo. Si alguien tiene problemas para escribir en el propio pdf y guardar, puede escribir su historia en un documento de Drive, sin ningún problema. ¿Vale?

¡No os olvidéis del título!



CIENCIAS SOCIAIS

Das preguntas do século XX, facedes dende a 9 ata a 13. O traballo ten que estar ata a pregunta 13 feito para o martes.

Déixovos estes vídeos para que vos axuden un pouquiño a comprender mellor:










MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!! FELIZ FRANQUEIRA A TOD@S!!!

xoves, 28 de maio de 2020

TRABALLO XOVES 28/05/2020

Bo día, 

Este é o traballo para hoxe:

MATEMÁTICAS

Hoy vamos a aprender a hacer la regla de 3 inversa, para ello, entramos en Liveworksheets, y  del cuaderno de Porcentaje y Proporcionalidad hacemos:

- Página 39: Leemos la explicación y vemos el vídeo.

- Página 40, 41 y 42: Hacemos los ejercicios para ver si lo entendimos.

TALLER DE POESÍA

No caderno de poesía de Liveworksheets, facemolas fichas 9 e 10. Hoxe as dúas son en galego!

CIENCIAS SOCIAIS

Das preguntas do século XX, fixen unha pequena reestruturación das preguntas, cambiando algunhas e modificando outras. 


Polo que hoxe debedes facer, a pregunta 2 e despois a 6, 7 e 8.

Déixovos estes vídeos que vos poden axudar:





MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!!

mércores, 27 de maio de 2020

TRABALLO MÉRCORES 27/05/2020

Bo día,

Entrades en Liveworksheets e este é o traballo de hoxe:

MATEMÁTICAS

En el cuaderno de cálculo hacemos las páginas 11 y 12. 

LENGUA ESPAÑOLA

- Comprensión lectora de la página 27. 

- Verbos en las páginas 28, 29 (en la de seguir el camino marcamos todas aquellas opciones correctas aunque no se estén contiguas)

- El diptongo y el hiato en la página 31. 

- Ortografía "Hay, ahí, ay" en la página 32. 

LINGUA GALEGA

- Os verbos na páxina 24 e 25.

- Erros gramaticáis na páxina 26. 

- Acentuación diacrítica na páxina 27. 


MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!

martes, 26 de maio de 2020

TRABALLO MARTES 26/05/2020

Bo día,

Este é o traballo de hoxe: 

MATEMÁTICAS

En Liveworksheets hacemos las páginas 36, 37 y 38 del cuaderno de Porcentaje y Proporcionalidad. 

LINGUA GALEGA

Entramos en Liveworksheets e comezamos coa lectura "A historia do chupa chups" da páxina 19. 

- Continuamos traballando o verbo na páxina 20.

- Repasamos ortografía nas páxinas 21, 22 e 23.

CIENCIAS SOCIAIS

Non esquezades entregar o traballo do século XIX. 

E co derradeiro tema sobre historia, aquí vos deixo as preguntas do novo traballo do século XX. Hai que seguir as mesmas pautas do anterior. 


Hoxe debedes facer da pregunta 1 á 4. 

A data de entrega do mesmo será o martes 2 de xuño. 


MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!



domingo, 24 de maio de 2020

TRABALLO LUNS 25/05/2020

Bo día, 


Este é o traballo para hoxe:

MATEMÁTICAS

Hoy toca repaso de operaciones con fracciones.

Entramos en Liveworksheets y del cuaderno de cálculo hacemos las páginas 8, 9 y 10. 


LENGUA CASTELLANA

En Liveworksheets, del cuaderno de lengua hacemos la lectura, unas fichas sobre los verbos y repasamos el diptongo y el hiato: páginas de la 20 a la 26.

En las fichas de seguir el camino, no tienen porqué ir seguidos, vosotros marcad todas aquellos tiempos verbales que coincidan con el que se os pida. Pueden ir alternos.


¡¡ MUCHO ÁNIMO Y A TRABAJAR!!

venres, 22 de maio de 2020

TRABALLO VENRES 22/05/2020


Bo día,

Este é o traballo de hoxe:

MATEMÁTICAS

En Liveworksheets, del cuaderno de Porcentaje y Proporcionalidad, hacemos las páginas 33, 34 y 35. 


CIENCIAS SOCIAIS

Do traballo da Idade Contemporánea, facemos tódalas preguntas que faltan ata o final. Lembrade que a data de entrega do traballo é o vindeiro martes.

Tras ver algún dos vosos traballos, a correcta presentación será coa pregunta copiada e a resposta ben redactada.

Por exemplo: Imaxinade que a pregunta número 1 fora:"En que ano tivo lugar a Revolución Francesa?", a resposta correcta debe ser: "A Revolución Francesa tivo lugar no ano 1789". Non valería poñer : 

1. 1789

A continuación déixovos estos vídeos sobre a Revolución Industrial, a sociedade e a arte en España,  no século XIX.





LINGUA GALEGA

Facedes a lectura "Fogar de Breogán" que está no caderno de lingua galega en Liveworksheets. 

A continuación, ledes esta recente noticia: 


Agora, quero que imaxinedes por un intre que podedes vivir nese universo paralelo, e que fagades un conto/historia contando como sería vivir nun universo no que o tempo fora para atrás.  O conto ou historia, ten que ter unha extensión entre 400 e 500 palabras. En galego. 


MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!





xoves, 21 de maio de 2020

TRABALLO XOVES 21/05/2020

Bo día,

Este é o traballo para hoxe:

MATEMÁTICAS

Entramos en Liveworksheets y hacemos:

- La página 7 del cuaderno de Cálculo.

- Las páginas 31 y 32 del cuaderno de Porcentaje y Proporcionalidad.

CIENCIAS SOCIAIS

- Do traballo da Idade Contemporánea, hoxe facedes as preguntas da 6 á 9 (ambas incluídas)

Para axudarvos a entender as cousas, sería recomendable que vexades este vídeo:



TALLER DE POESÍA

Entramos en Liveworksheets, y hacemos las páginas 5, 6, 7 y 8. 


MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!!

mércores, 20 de maio de 2020

TRABALLO MÉRCORES 20/05/2020


Bo día,

Aquí déixovos o traballo para hoxe:

LENGUA CASTELLANA

Hoy vamos a comenzar con la lectura: "El rebelde". Después, tocará trabajar cómo se conjugan los distintos tiempos verbales del modo indicativo, tanto las formas simples como las compuestas. Y también repasaremos el diptongo y el hiato. 

Para ello, entramos en Liveworksheets y del cuaderno de lengua hacemos de la página 14 hasta la 19. 

MATEMÁTICAS

En primer lugar vemos este vídeo explicativo sobre las magnitudes directamente e inversamente proporcionales:


Después, entramos en Liveworksheets y hacemos los ejercicios de las páginas 27, 28, 29 y 30.


LINGUA GALEGA (Data de entrega: 22/05)

Do tema en pdf, facemos a fotocopia que leva por título "Os neoloxismos" (exercicios do 1 ao 4) e a fotocopia da páxina 13 "Usos desprazados do verbo" (Todos menos o exercicio 6)

VALORES SOCIAIS E CÍVICOS

En Liveworksheets, no caderno tedes tres fichas novas para facer (da 3 á 5)

martes, 19 de maio de 2020

TRABALLO MARTES 19/05/2020

Bo día,

Aquí vai o traballo para hoxe!!

MATEMÁTICAS

Para ir calentando motores... ¡Hoy toca Kahoot!



Después entramos en Liveworksheets y hacemos las páginas 25 y 26.

LINGUA GALEGA

Entramos en Liveworksheets e facemos:

- A lectura da páxina 13.
- Os exercicios sobre o ditongo e mailo hiato da páxina 14. 
- Os exercicios sobre homófonas da páxina 15.
- Os erros ortográficos da páxina 16.
- A segunda conxugación do verbo da páxina 17. 

CIENCIAS SOCIAIS

En primeiro lugar non esquezades entregar o traballo da Idade Moderna, se é que non o fixestes. 

Hoxe comezamos un tema novo, e a última etapa da historia: A Idade Contemporánea.

Para que entendades mellor o fin da Idade Moderna e o principio da Contemporánea, recoméndovos que vexades este vídeo, sobre a Ilustración ou tamén chamado Século das Luces. 




Desta vez, tamén ides a investigar. Debedes ir facendo un documento no que vaiades contestando unha serie de preguntas coa información que atopedes. 

Eu irei pautando as preguntas que deberedes facer cada día, para que así organicedes mellor o traballo. A data final de entrega do traballo será o martes que vén (26/05)

Neste documento deixareivos tódalas preguntas do traballo, destas, hoxe sería recomendable que fagades da pregunta 1 á 4. 


MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!!



luns, 18 de maio de 2020

TRABALLO LUNS 18/05/2020


Bo día,

Déixovos o traballo para hoxe:

MATEMÁTICAS

Entramos en Liveworksheets, y del cuaderno de Porcentaje y probabilidad, hacemos las páginas: 21, 22, 23 y 24.

LENGUA CASTELLANA

Entramos en Liveworksheets y del cuaderno de lengua hacemos:

- La comprensión lectora: "El capitán y el mozo". 
- En las páginas 10 y 11, vamos a trabajar los Neologismos, Arcaísmos, Extranjerismos y Préstamos en la lengua. 
- En la página 12, trabajaremos un poquito más el verbo.
- En la página 13, repasaremos la ortografía de la b/v. 

No os olvidéis de la creación literaria y del trabajo de Ciencias Sociais, que debéis entregar entre hoy y mañana. 

¡¡¡MUCHO ÁNIMO Y A TRABAJAR!!!!!

venres, 15 de maio de 2020

TRABALLO VENRES 15/05/2020


Bo día, 

Déixovos traballo para hoxe:

MATEMÁTICAS

Entramos en Liveworksheets y hacemos:

- Del cuaderno de cálculo, la página 6.

- Del cuaderno de porcentaje y probabilidad, las páginas 18, 19 y 20

LINGUA GALEGA

Entramos en Liveworksheets e facemos as páxinas:

- Co motivo do día das Letras Galegas imos a ler un conto e aprender cousiñas da vida de Ricardo Carvalho Calero nas páxina 9 e 10.

- Despois toca traballar a ortografía nas páxinas 11 e 12.


CIENCIAS SOCIAIS

Engadín as últimas preguntas para facer o traballo. Lembrade que hai que entregalo entre o luns e o martes. 

MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!!

xoves, 14 de maio de 2020

TRABALLO XOVES 14/05/2020


Bo día,

Déixovos traballo para hoxe. Por favor, non esquezades entrar na web do cole para ver o traballo doutras materias!

MATEMÁTICAS

Entramos en Liveworksheets y hacemos:

- Del cuaderno de cálculo, la página 5, muy útil para calcular porcentajes mentalmente.

- Del cuaderno de Porcentajes, hoy toca trabajar los aumentos y los descuentos. Así que leéis y veis el vídeo explicativo que está en la página 14. Y después ponemos en práctica lo aprendido en las páginas 15, 16 y 17.


TALLER DE POESÍA

Entramos en Liveworksheets y del cuaderno de poesía, hacemos:

- La ficha 4: Érase una viejecita.

- La ficha 5: Oda a los alimentos.

Están las indicaciones en cada ficha.

CIENCIAS SOCIAIS

No documento do guión do traballo de investigación, engadín novas preguntas acerca do século XVIII. 



MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!!


mércores, 13 de maio de 2020

TRABALLO MÉRCORES 13/05/2020

Bo día,

Déixovos o traballo para hoxe:

MATEMÁTICAS

Entramos en Liveworksheets y hacemos:

- La hoja 4 del cuaderno de Cálculo, que tiene distintas cuentas.

- Del cuaderno de Porcentaje y proporcionalidad, las fichas 11, 12 y 13.


LENGUA CASTELLANA

 Entramos en Liveworksheets y del cuaderno de lengua hacemos:

- La lectura "Asamblea en la Carpintería".

- Las fichas 6, 7 y 8 sobre ortografía.


LINGUA GALEGA (Data de entrega: venres 15/05)

Das fotocopias do tema en pdf, facemos a ficha que leva por título "O verbo III". Tódolos exercicios agás o 7. 

TEMA GALEGO


EDUCACIÓN EN VALORES

Entrades en Liveworksheets e do caderno de valores facedes as dúas fichas que hai.


MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!!



martes, 12 de maio de 2020

TRABALLO MARTES 12/05/2020


Bo día, 

Aquí déixovos o traballo de hoxe:

MATEMÁTICAS

En Liveworksheets, en el cuaderno de Porcentaje y Proporcionalidad debéis hacer desde la ficha 6 hasta la 10. 

Es importante que leáis muy bien las fichas que son de teoría y veáis los vídeos, pues se os explican qué es la proporcionalidad, las magnitudes proporcionales y la regla de 3. Desde mi punto de vista, fundamental en la vida diaria. Quizás sea de las cosas más útiles que podamos aprender para poner en práctica en nuestro día a día. 

Leedlo todo con calma e intentad seguir las indicaciones, cualquier duda o si no lo entendéis, hacédmelo saber y buscamos la manera de explicarlo. Creo que los vídeos que seleccioné está muy bien explicado. 

LINGUA GALEGA

En Liveworksheets, no caderno de lingua galega, tedes que facer dende a ficha 6 ata a 8. 

- Na ficha 6: Con motivo de que este ano as Letras Galegas están adicadas a Ricardo Carvalho Calero, ides a ler a súa biografía e respostar unha serie de cuestións e exercicios relacionados coa mesma. 

- Nas fichas 7 e 8: Ides traballar a ortografía de ll/l e aquelas palabras dubidosas do Galego por ter interferencias co Castelán. 

CIENCIAS SOCIAIS

Engadín preguntas novas para ir facendo o voso traballo sobre o século XVII. Podedes velas no documento de Drive: 



MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!!

luns, 11 de maio de 2020

TRABALLO LUNS 11/05/2020


Bo día,

Que tal foi a fin de semana? Espero que moi ben!

Este é o traballo para hoxe: 

MATEMÁTICAS

Entramos en Liveworksheet y hacemos: 

- Del cuaderno de cálculo, la página 3 que es de divisiones con decimales.

- Del cuaderno de porcentaje y probabilidad, hacemos las páginas 3, 4 y 5.

LENGUA CASTELLANA

Entramos en Liveworksheet y hacemos: 

- Del cuaderno que se titula "Lengua Castellana": 

- La lectura y las preguntas de: La fortuna del zapatero. 

- Las fichas 2, 3 y 4 sobre los verbos. 

IMPORTANTE: Vuelvo a insistir en que, por favor, asociéis un correo a la cuenta de Liveworksheet para que os lleguen las correcciones y si yo os indico o notifico algo. 


MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!