venres, 13 de marzo de 2020

Funcionamento para poder traballar desde a casa

Ola chic@s e familias,

En primeiro lugar, preguntarvos "como estades?". Espero que esteades levando toda esta situación do mellor xeito posible. 

En segundo lugar, me parece unha decisión moi sensata por parte das vosas familias, o de non mandarvos o venres, ao colexio. Temos que ser moi conscientes de que a única forma de frear isto, é se todas as persoas poñemos da nosa parte. Se todos os cidadáns cumprimos coas indicacións, todo haberá de ir ben. Xa sei que onte estabades con moita preocupación, pero seguro que isto pasa pronto.

En terceiro lugar, como ben sabedes, imos ter que estar na casa durante 14 días, mínimo. É a nosa obriga, como docentes, asegurarvos unha continuidade do traballo. Isto non son unhas vacacións, é unha medida extraordinaria, e a estas alturas de curso, non nos podemos permitir baixar o ritmo de traballo. Lembrade que estamos en sexto. Polo tanto, como vos dixen onte, vouvos a marcar un traballo diario por este blog, e vos teredes que ir facendo durante o día o traballo que se marque (teredes que buscar a vosa propia organización ao longo do día).

Sería axeitado que elaborásedes un horario coas vosas familias, no que contemplásedes tempos de traballo cos de ocio e descanso.

Como tedes as fotocopias cos exercicios, eu irei marcando o que tedes que facer, e para poder comprobar que está feito e ver as vosas dúbidas, sería axeitado que lle fagades unha fotografía dos exercicios feitos ou mandedes o traballo en word (xa vos indicarei a forma en cada acticidade) e a enviedes ao meu email: sonaprofedequinto@gmail.com.

Despois, segundo o tipo de exercicio, colgarei os exercicios resoltos, para que vos poidades auto corrixir, e noutras ocasións, mandareivos as correccións personalizadas. Pero primeiro, quero comprobar que están feitos. 

Tódalas dúbidas que teñades, podedes preguntalas a través dun correo, e eu, estarei encantada de resolvelas. 

Procurarei poñer explicacións no blog, a través de vídeos ou presentacións, para que poidades entender todo o mellor posible. 

Despois, tentarei ir facendo pequenas avaliacións para que poidades ver o voso progreso. 

Todo isto tamén é novo para min, así que temos que ser flexibles e ter paciencia. 

E como xa falamos onte, e para facer un recordatorio, aquí vos deixo uns consellos para que os comentedes coas vosas familias!

Un abrazo para todas e todos e moito ánimooooooo!!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario