xoves, 18 de xuño de 2020

TRABALLO XOVES 18/06/2020

Bo día,
Hoxe vémonos no cole! Aínda que sexa a medias y "enmascarados"

Engadín 2 novos apartados, e prometo que son os derradeiros!!! Está quedando moi chulo todo o que escribides!!!

- Mi cápsula del tiempo: Tedes que copiar a diapositiva. (Deixamos unha tal cual está para non estropeala) E ides enchendo os ocos. Onde pon "Tu nombre", escribides o voso nome.

- De este curso me llevo: Tedes que copiar a diapositiva. (Deixamos unha tal cual está para non estropeala) E ides enchendo os ocos. Onde pon "Tu nombre", escribides o voso nome.

Hai compañeiros que non se animaron a escribir ou a poñer as fotos, e é unha pena, porque despois queda o recordo a medias. Así que, veña, animádevos todos a poñer unhas palabriñas que cando sexades un pouco máis maiores, seguro que vos fai moita ilusión volver a ler estas cousas!

MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR QUE XA É O ÚLTIMO DÍA!!!




martes, 16 de xuño de 2020

TRABALLO MÉRCORES 17/06/2020

Bo día,

En primeiro lugar no voso email tedes un correo dirixido ás vosas familias, que é importante que llo ensinedes.

Para continuar co noso "recopilatorio", hoxe engadín tres novos apartados:

- ¿Qué esperamos del año que viene?: Neste apartado gustaríame que explicárades as vosas inquedanzas, desexos, medos, expectativas, etc,  de cara á nova etapa que ides comezar. Non esquezades firmar o que escribades.

- Recuerdos de mis profes de 6º: Fixen unha diapositiva para cada un dos mestres/as que vos impartiron clase durante este ano, e nela, gustaríame que escribades o que queirades sobre nós, aqueles recordos que teñades, anécdotas do curso, cousas simpáticas, etc. pero sempre dun xeito respectuoso. Non esquezades firmar o que escribades.

- Cartas a nuestros "yo" del futuro: Imaxinade que vos escribides unha carta ao voso "eu" do futuro, contándolle os vosos pensamentos, sentimentos, emocións deste fin de curso tan estrano, pero para ler dentro de 10 anos. No título da diapostiva poñedes "Querida/o e o voso nome" (tedes a diapositiva de exemplo)

Podedes completar o resto dos apartados anteriores tamén. Canto máis volo "curredes", teremos un recordo moito máis chulo e emotivo. 

MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!

luns, 15 de xuño de 2020

TRABALLO MARTES 16/06/2020

Bo día!

Imos continuar co noso traballo recopilatorio...

Hoxe, engadín dous apartados novos:

- Mis compañer@s dicen de mí...: Neste bloque puxen os vosos nomes, e gustaríame que escribades unha dedicatoria para cada compañeir@ na que digades as súas características positivas e un desexo para o futuro.  Entón, tedes que escribir 13 dedicatorias. 
Se non vos entrasen todas as cousas nunha diapositiva, podedes insertar máis. 

- Así empezamos primaria, y así la acabamos: Neste bloque gustaríame que cada un/unha de vós busquedes unha foto de cando estabades en 1º de primaria e unha foto actual. Para contrastar o antes e o despois! 

Despois gustaríame pedirvos que se algún ten as fotos grupais de tódolos anos (as que se fan cos titores a final de curso) que tamén as peguedes na presentación poñendo o curso. 

Veña! Que se nos esforzamos quedará un traballo de recordo ben chulo!

POR CERTO, NON VOS ESQUEZADES DAS POESÍAS SOBRE OS COMPAÑEIR@S DA CLASE!

MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!

TRABALLO LUNS 15/06/2020

Bo día!

Entramos na recta final do curso e esta semana pode ser un bo momento para lembrar todos aqueles recordos do noso paso pola etapa primaria. 

Por iso, propóñovos unha actividade para facer entre tod@s un pequeno recopilatorio e que así vos quede de recordo. 

Neste enlace abrín unha presentación que podedes editar e durante esta semana irei engadindo cousiñas novas que podedes ir aportando. 


Hoxe, gustaríame que contarades anécdotas graciosas, importantes, simpáticas, significativas para vós, que sucederan durante o voso paso pola etapa primaria dende 1º ata 6º. 

E que, se tedes fotos e vídeos de momentos que para vós foran importantes ou divertidos, pois tamén os engadides no apartado correspondente.  Non se trata de que poñades todo o que tedes, senón aquelas fotos ou vídeos, que por algunha razón en especial son importantes para vós. 

Sería moi chulo que tod@s participarades con algo, xa que este ano non temos graduación, polo menos ter un documento de recordo de tódalas vosas vivencias en primaria. 

Podedes engadir tantas diapositivas como queirades!

LENGUA CASTELLANA

En Liveworksheets, hacéis la página 48 en la que debéis investigar qué paso el día de vuestro nacimiento. ¡Qué intriga!

MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!!

venres, 12 de xuño de 2020

TRABALLO VENRES 12/06/2020

Bo día, 

Este é o traballo para hoxe:

MATEMÁTICAS

Hacemos las páginas 27, 28 y 29. 

LINGUA GALEGA

- Facemos a páxina 39 sobre o adverbio. 

- Na páxina 40, cubrimos o cómic.

- Na páxina 41, inventamos unha entrevista seguindo as pautas, ou podemos facerlla a alguén da casa, pero non esquezades que a facemos en galego aínda que a ficha estea en castelán. 

CIENCIAS SOCIAIS

Facemos dende a páxina 15 ata a 19. 

Podedes xogar cos mapas dos enlaces destes días atrás e así tamén practicades un pouquiño. 


MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!! BOA FIN DE SEMANA!!!



mércores, 10 de xuño de 2020

TRABALLO XOVES 11/06/2020


Bo día,


Este é o traballo para hoxe: 

MATEMÁTICAS

Entramos en Liveworksheets y hacemos de la página 23 a la 26  del cuaderno de Enteros. 

TALLER DE POESÍA

En un documento de Drive, hacemos una poesía dedicada a todos nuestros/as compañeros/as, hablando de lo que fue para vosotros este curso en relación con ellos/as. Sería interesante que los nombraseis a todos/as. 

CIENCIAS SOCIAIS

Para practicar a Xeografía de España, primeiro facemos estes xogos: 


Despois en Liveworksheets, facemos desde a páxina 9 ata a 14. 


MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!!

TRABALLO MÉRCORES 10/06/2020

Bo día, 

Antes de nada, tedes que facer as tarefas de inglés e relixión que se vos indican no blog do colexio. As profesoras Ana e Patri, me comunican que moitos de vós non as estades entregando, así que tedes que ser responsables coas outras materias tamén. 

Entramos en Liveworksheets e este é o traballo para hoxe:

MATEMÁTICAS

Páginas 20, 21 y 22 del cuaderno de números enteros. 

LENGUA ESPAÑOLA

De la página 43 a la 47. 

* Los verbos defectivos: Son aquellos que no se pueden conjugar en todas las formas habituales, sino en alguna de ellas. Son por ejemplo, algunos verbos que, por su significado, solo se conjugan en tercera persona como suceder, ocurriracontecer, soler y acostumbrarLos verbos meteorológicos también son defectivos porque solo se conjugan en tercera persona (llover, nevar, granizar, etc.)

*Los verbos auxiliares: Son los verbos ser, estar y haber.

LINGUA GALEGA

Facemos a historia da páxina 38 do caderno de Lingua. 


MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!