luns, 23 de marzo de 2020

ACTIVIDADE CONTACONTOS



Para practicar a lectura en voz alta, gustaríame que lerades estes tres contos para explicarlle que é o Coronavirus, aos máis cativos. 



Polo tanto, o exercicio será o seguinte:

1) Ler os tres contos comprendendo ben o que estes din.

2) Dos tres, escoller o que máis os guste.

3) Practicar a lectura en voz alta do escollido, pensando en como sería a entoación axeitada se llo contáramos aos/ás máis pequenos/as. Se temos irmáns ou irmás menores na casa, é un bo momento de contarlles un conto. Senón, podemos practicar coas nosas familias.

3) Unha vez moi ben practicado, toca gravarse en audio e enviarmo a ver que tal soa. Seguro que as mil marabillas!!!

TEDES DE PRAZO PARA MANDARME O AUDIO ATA O VENRES 27

PROHIBIDO TER VERGOÑA!!!! A VER COMO MOSTRADES ESA FACETA DE CONTACONTOS!!!!!


ÁNIMOOOOOO!!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario