martes, 17 de marzo de 2020

TRABALLO MÉRCORES 18/03/2020



Bo día, 

Este é o traballo para hoxe mércores 18/03. 

Antes de nada, visto que moitos de vós non estades a mandar ben os traballos, vou a ser moi estricta con isto. Quen entregue fóra de plazo, sen causa xustificada polas vosas familias, terá un NON PRESENTADO. 

Igual que tedes que levar as tarefas ao cole, tedes que entregalas de xeito online, así que organizádevos ben. Marcádevos un horario. 

Dito isto, estas son as tarefas do día de hoxe. TEDES DE PRAZO PARA ENTREGALAS ATA O XOVES ÁS 10 HORAS DA MAÑÁ, DESPOIS NON AS TEREI EN CONTA. 

LENGUA ESPAÑOLA

Lectura del siguiente texto. Responder a las preguntas en un documento de Drive (preferiblemente) y sino mandar una fotografía con las respuestas. Con un corta y pega copiais las preguntas y después las contestáis en un word o drive. 

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/Comprension_lectora/tercer_ciclo/355/255/index.html


De las fotocopias, leéis "Las palabras hay, ahí, ¡ay! y hacéis los ejercicios 24, 25, 26 y de la página siguiente (la que pone 3er trimestre) el 6 y 7. Se puede hacer un drive o en la fotocopia y mandáis la fotografía. 

MATEMÁTICAS

1) Hacemos este cálculo mental: (todo)

http://www.aplicaciones.info/calculo/coc07.htm


2) Realizar estas tareas en un folio aparte porque quiero ver cómo desarolláis las operaciones. No me valen sólo los resultados ni documento de drive. 

ejercicios resta nímeros decimales


sumas y restas con fracciones decimales


11. Problemas con números decimales
  • ¿Laura va a una frutería y compra 2 kg de naranjas 1,75 € el Kg y 1,5 Kg de Kiwis a 2,95 € el Kg. Cuanto se ha gastado Laura en la frutería?
  • Alejandro va a comprar bolígrafos para toda la clase. Cada bolígrafo cuesta 1,3 €, si compra 50 le descuentan en la factura 8,5 €. Finalmente decide comprar los 50 ¿Cuánto dinero se habrá gastado?
  • Elena tiene ahorrado 45 € y quiere comprarse una bufanda que cuesta 21,50 €, al entrar en la tienda ve un sombrero que vale 20,85 €. Tendrá bastante dinero para comprar las dos prendas. ¿Cuanto le sobrará?
  • Jaime quiere comprar 7 sobres de cromos que cuestan 1,75 € cada uno, ¿Cuánto dinero necesitará?
12. Calcula:

614,5x 6,34=
93,85x8,02=
870,5: 7=
60,32: 25=
125,75: 5,5= 

CIENCIAS SOCIAIS

1) Ver este vídeo



2) Esquema da páxina seguinte: A vida na Idade Media. Pode facerse nun drive ou mandar unha fotografía

3) Responder as 5 preguntas que están nesa folla. Pode facerse nun drive ou mandar unha fotografía.



AS TAREFAS QUE TEÑADES PENDENTES (FORON INDICADAS VÍA MAIL) DEBERÁN SER ENTREGADAS CANTO ANTES. 

MOITO ÁNIMO!!!! 

ACTIVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA


EDUCACIÓN FÍSICA . 6º  DE  PRIMARIA

Ola chicos e chicas. Son Ángel o profe de Ed. Física. Envíovos unhas indicacións e consellos para que na medida do posible manteñades un mínimo de actividade física diaria durante este tempo de obrigado retiro doméstico.
- Imos poñer coma obxectivo realizar un mínimo de 60´minutos diarios de actividade física
- Cadaquén que adapte esas actividade ao espazo do que dispoña. Xa sabedes que non podemos saír dos límites da nosa propiedade, agás para necesidades básicas.
- Non podemos realizar actividades físicas que poñan en risco a nosa saúde (caídas, golpes,…) polo que desaconsello  coller  bicis,  patíns,  patinetes, facer xogos bruscos con balóns, realizar trepas, andar en alturas,…
- Como estamos a vivir unha situación absolutamente excepcional temos que axustar os nosos hábitos diarios a estas condicións: non pasarnos coa alimentación, respectar as horas de sono recomendadas segundo  a idade, axudar coas tarefas domésticas, manter unha boa hixiene corporal, organizar o día en distintos tempos (actividade física, tarefas escolares, lectura, tempo de lecer...)
- Imos plantexar unha sesión de actividade física tipo para que vos sirva de orientación e despois vós podedes botarlle imaxinación.

SESIÓN TIPO (con roupa e calzado axeitado e nun espazo libre de obstáculos)

1ª. QUECEMENTO (10´) : Mobilidade articular (en estático, comezando polos nocellos, ir movendo alternativamente cada articulación do corpo en todos os ángulos posibles)
Movementos coordinados dos distintos segmentos corporais ( se tendes espazo podedes correr suavemente e ir movendo a un tempo os brazos en cruz, en aspas, saltando, levantando muslos,...)( se non tedes moito espazo, podédelo facer no sitio sen moito desprazamento)
Estiramento (como facemos na clase, empezamos polos músculos de detrás das pernas, seguimos polos Xemelgos de ambas pernas, os cuádriceps, o abdome, as costas,...)

2ª.PARTE PRINCIPAL (40´) (podedes elixir entre todo este tipo de actividades e ir variando o plan segundo as vosas posibilidades de espazo e materiais)
- Exercicios de coordinación xeral: salto á comba, facer xirar un aro no corpo, subirei vídeos con exercicios de dinámica xeral.
- Exercicios de coordinación oculo-manual (camiñar e botar un balón, lanzar a encestar, tiralo contra a parede e recollelo,... e coordinación oculo-pédica (levar un balón co pé, golpealo contra a parede, tirar a unha portería improvisada,..)
- Actividades con raquetas: ping pong, badminton (no patio da casa se se dan as condicións), frontón contra unha parede,...
- Actividades rítmicas (tratar de seguir coreografías a través de vídeos de youtube que eu vos irei recomendando, ou que vós podedes elixir)
- Exercicios xenéricos de forza: subirei exemplos prácticos á páxina
- Xogos de lanzamento e precisión: petanca, bolos, encestes,...
- Xogos de flexibilidade tipo Twister (subirei exemplos prácticos á páxina)

3ª. VOLTA Á CALMA (10´) Rematamos a sesión con exercicios de flexibilidade parecidos aos do inicio da sesión, con exercicios de respiración profunda e relaxada (subirei vídeo para que sirva de modelo)


Chicos e chicas, podedes seguir este plantexamento de sesión ou organizar o tempo ao voso gusto en función da vosa situación e dos vosos intereses. A ver se conseguides os 60´minutos diarios de actividade física que estaría moi ben. Anímovos a intentalo. Irei pouco a pouco subindo cousas á páxina que vos poidan servir de exemplo e estimular. Non vos esquezades dos xogos de sempre que inda que non son de moito movemento, son estupendos para a axilidade mental e a diversión en grupo:  cartas, parchís, damas, xadrez, trivial,... Moito ánimo para tod@s e esperemos que non se alongue demasiado esta situación. Un saúdo do profe Ángel.


luns, 16 de marzo de 2020

TRABALLO MARTES 17/03/2020

Bo día,

Estas son as tarefas para facer durante o día de hoxe

CIENCIAS SOCIAIS

1) Ler "Como era a vida en Ál-Ándalus?

2) Ver estes vídeos sobre o Al-Ándalus



2) Ler as dúas páxinas seguintes: A vida nos reinos cristiáns e Como era a vida nos reinos cristiáns? e subliñar as ideas máis importantes.

3) Ver estes vídeos sobre os reinos cristiáns



4) Facer o esquema/resumo destas dúas páxinas, ben por escrito e mandades unha fotografía ou ben a través de drive ou documento de word.

5) Facer a pirámide social dos reinos cristiáns.

Se estades aburridos, pode ser interesante que vexades este capítulo das conquistas do Islam de Érase una vez el hombre




MATEMÁTICAS




Hacer los siguientes ejercicios de matemáticas: 

Página 8: Ejercicios 15 y 16
Página 9: Ejercicios 13, 14, 15 y 16


LINGUA GALEGA

Ficha de palabras monosémicas/polisémicas: Exercicios do 1 ao 5

Ficha de palabras homónimas: Exercicios do 1 ao 6

TÓDOLOS EXERCICIOS DEBEN SER ENVIADOS AO LONGO DO DÍA. O PRAZO DE ENTREGA FINALIZA O MÉRCORES ÁS 9:00


ARTS AND CRAFTS


Hi everyone again!

This week we are talking about the Spanish painter Diego Velázquez and his most famous painting "Las Meninas".

1) First of all, we are going to show a new story of Mati and Dada with Velazquez.

A tip: Reduce the speed of video a little bit, to better understand.




2) Read this presentation about his biography and the story and secrets of "Las Meninas". Click on the link:


Resultado de imagen de velazquez biography presentation for kids




3) Match the names with correct numbers: 







4) Now, you are ready to work: You are going to create your own Menina!!!  Follow these instructions: 











YOU HAVE ONE WEEK TO DO THIS TASK. 
MORE WORK NEXT WEEK!!

TRABALLO PARA LUNS 16/03/2020


Bo día, 

Este é o traballo para facer ao longo do día de hoxe: 

CORRECIÓN DE TAREFAS:

- Enviarme fotografía ao meu correo, das seguintes actividades pendientes de corrixir: 

Matemáticas: Problemas do 1 ao 20, das páxinas 10 e 11 do tema.
                       Operacións dos exercicios 10 e 11 da páxina 8 do tema. 


Lengua Castelá: Exercicios sobre os pronomes dende o 13 ao 16.
                           Exercicios sobre palabras homófonas do 1 ao 4.


Lingua Galega: Exercicios sobre o pronome do 14 ao 17.
                          Exercicios sobre o pronome do 1 ao 7 da fotocopia feita por mín. 


Ciencias Sociais: Esquemas da Vida no Al-Ándalus desde Relixión ata Vida no campo. 


AS FOTOGRAFÍAS AS PODEDES ENVIAR AO LONGO DE TÓDOLO DÍA. TEDES DE PRAZO ATA MAÑÁ AS 9:00. 


TRABALLO 16/03/2020

MATEMÁTICAS: 

Cálculo mental: Aquí tenéis el enlace del cálculo mental que hacemos diariamente. Hoy hacéis esta: 

http://www.aplicaciones.info/calculo/coc06.htm


A continuación, leemos la explicación de la suma, resta, multiplicación y parte de la división con decimales: 



AQUÍ TAMBIÉN TENÉIS UNOS VÍDEOS QUE OS PUEDEN AYUDAR:






 Unha vez que entendimos la teoría hacemos los siguientes ejercicios: 

- Página 7: Ejercicio 9

- Página 8 ejercicios del 12, 13, 14 y 17


LENGUA ESPAÑOLA: 

1) Copiamos en la libreta la definición de pronombre y todas esas tablas. Los estudiamos.

2) Leemos las palabras polisémicas que están a continuación del pronombre y hacemos un esquema. 

3) Hacemos los ejercicios de la página que está detrás de la explicación de los pronombres que nos quedan (6, 7, 8 y 9)

4) Leemos palabras homófonas con b/v; con h/y sin h y las copiamos en la libreta. Las estudiamos.

5) Hacemos los ejercicios del 24, 25, 31, 32, 33, 34, sobre palabras homófonas. 


CREACIÓN LITERARIA:

Si podéis enviármela en un documento word, os lo agradezco enormemente para poder corregirla mejor. Si ya está hecha, enviadme una fotografía y ya buscaré la manera de hacer las correcciones.  
Recordad que el plazo es entre hoy y mañana y que hoy toca la carta al Doctor Lupa. 

Dentro de un poco, voy a subir el trabajo de Plástica, que podéis hacer durante toda la semana, pero así vais trabajando en esto. 

ÁNIMOOOOOO!!!!!! 

Cualquier duda, a mi correo sonaprofedequinto@gmail.com


venres, 13 de marzo de 2020

Funcionamento para poder traballar desde a casa

Ola chic@s e familias,

En primeiro lugar, preguntarvos "como estades?". Espero que esteades levando toda esta situación do mellor xeito posible. 

En segundo lugar, me parece unha decisión moi sensata por parte das vosas familias, o de non mandarvos o venres, ao colexio. Temos que ser moi conscientes de que a única forma de frear isto, é se todas as persoas poñemos da nosa parte. Se todos os cidadáns cumprimos coas indicacións, todo haberá de ir ben. Xa sei que onte estabades con moita preocupación, pero seguro que isto pasa pronto.

En terceiro lugar, como ben sabedes, imos ter que estar na casa durante 14 días, mínimo. É a nosa obriga, como docentes, asegurarvos unha continuidade do traballo. Isto non son unhas vacacións, é unha medida extraordinaria, e a estas alturas de curso, non nos podemos permitir baixar o ritmo de traballo. Lembrade que estamos en sexto. Polo tanto, como vos dixen onte, vouvos a marcar un traballo diario por este blog, e vos teredes que ir facendo durante o día o traballo que se marque (teredes que buscar a vosa propia organización ao longo do día).

Sería axeitado que elaborásedes un horario coas vosas familias, no que contemplásedes tempos de traballo cos de ocio e descanso.

Como tedes as fotocopias cos exercicios, eu irei marcando o que tedes que facer, e para poder comprobar que está feito e ver as vosas dúbidas, sería axeitado que lle fagades unha fotografía dos exercicios feitos ou mandedes o traballo en word (xa vos indicarei a forma en cada acticidade) e a enviedes ao meu email: sonaprofedequinto@gmail.com.

Despois, segundo o tipo de exercicio, colgarei os exercicios resoltos, para que vos poidades auto corrixir, e noutras ocasións, mandareivos as correccións personalizadas. Pero primeiro, quero comprobar que están feitos. 

Tódalas dúbidas que teñades, podedes preguntalas a través dun correo, e eu, estarei encantada de resolvelas. 

Procurarei poñer explicacións no blog, a través de vídeos ou presentacións, para que poidades entender todo o mellor posible. 

Despois, tentarei ir facendo pequenas avaliacións para que poidades ver o voso progreso. 

Todo isto tamén é novo para min, así que temos que ser flexibles e ter paciencia. 

E como xa falamos onte, e para facer un recordatorio, aquí vos deixo uns consellos para que os comentedes coas vosas familias!

Un abrazo para todas e todos e moito ánimooooooo!!!!