martes, 9 de xuño de 2020

TRABALLO MARTES 9/06/2020

Bo día,

En primeiro lugar...PARABÉNS A PABLO DIZ, QUE ESTÁ HOXE DE ANIVERSARIO!!!!

ESPERAMOS QUE DESFRUTES MOITO DO TEU DÍA!!!

Como hoxe tamén toca traballar, entramos en Liveworksheets e este é o traballo de hoxe:

MATEMÁTICAS

Páginas 16, 17, 18 y 19.

Nos leemos bien la sustracción (resta) de números enteros. ¡Es muy importante que nos veamos el vídeo explicativo!

Al verlo, nos quedaremos con que siempre que haya un signo negativo delante de un paréntesis, cambia el signo de dentro por el contrario:

(+3) - (-5)=) (+3) + (+5) = +8
(+2) - (+4) = (+2) + (- 4)= - 2

LINGUA GALEGA

Facemos as páxinas 35, 36 e 37.

CIENCIAS SOCIAIS

Hoxe toca repaso de provincias e ríos principais de España. Nestes enlaces podedes xogar e repasar:




Despois facemos as páxinas 6, 7 e 8 do caderno de Sociais.

ARTS AND CRAFTS

Esta semana, como derradeiro traballo do curso, invítovos a recrear unha obra de arte con obxectos e/ou persoas, dende as vosas casas! Podedes invitar á familia, amigos e mascotas a participar. Buscade a mellor forma de caracterizarvos e deixade fluir a vosa imaxinación!
Os pasos a seguir son moi sinxelos:
Número un: elexir a obra favorita, sexa cadro, escultura, mural ou calquera outra técnica.
Número dous: localizar prendas, accesorios, comida ou calquera cousa que estao ao alcance e sirva para a recreación.
Número tres: imitala obra. Non ten que haber persoas á forza; hai recreacións que utilizan unicamente obxectos ou incluso mascotas.
Número catro: Facer a foto e enviarma xunto coa imaxe da obra orixinal, indicando o autor/a e título da obra orixinal e nome e apelidos e curso, do/ autor/a da "copia". 
A ver quen consegue facer a obra pictórica máis parecida!!!
 O prazo de entrega finalizará o 15 de xuño. 

MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario