luns, 15 de xuño de 2020

TRABALLO MARTES 16/06/2020

Bo día!

Imos continuar co noso traballo recopilatorio...

Hoxe, engadín dous apartados novos:

- Mis compañer@s dicen de mí...: Neste bloque puxen os vosos nomes, e gustaríame que escribades unha dedicatoria para cada compañeir@ na que digades as súas características positivas e un desexo para o futuro.  Entón, tedes que escribir 13 dedicatorias. 
Se non vos entrasen todas as cousas nunha diapositiva, podedes insertar máis. 

- Así empezamos primaria, y así la acabamos: Neste bloque gustaríame que cada un/unha de vós busquedes unha foto de cando estabades en 1º de primaria e unha foto actual. Para contrastar o antes e o despois! 

Despois gustaríame pedirvos que se algún ten as fotos grupais de tódolos anos (as que se fan cos titores a final de curso) que tamén as peguedes na presentación poñendo o curso. 

Veña! Que se nos esforzamos quedará un traballo de recordo ben chulo!

POR CERTO, NON VOS ESQUEZADES DAS POESÍAS SOBRE OS COMPAÑEIR@S DA CLASE!

MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario