luns, 15 de xuño de 2020

TRABALLO LUNS 15/06/2020

Bo día!

Entramos na recta final do curso e esta semana pode ser un bo momento para lembrar todos aqueles recordos do noso paso pola etapa primaria. 

Por iso, propóñovos unha actividade para facer entre tod@s un pequeno recopilatorio e que así vos quede de recordo. 

Neste enlace abrín unha presentación que podedes editar e durante esta semana irei engadindo cousiñas novas que podedes ir aportando. 


Hoxe, gustaríame que contarades anécdotas graciosas, importantes, simpáticas, significativas para vós, que sucederan durante o voso paso pola etapa primaria dende 1º ata 6º. 

E que, se tedes fotos e vídeos de momentos que para vós foran importantes ou divertidos, pois tamén os engadides no apartado correspondente.  Non se trata de que poñades todo o que tedes, senón aquelas fotos ou vídeos, que por algunha razón en especial son importantes para vós. 

Sería moi chulo que tod@s participarades con algo, xa que este ano non temos graduación, polo menos ter un documento de recordo de tódalas vosas vivencias en primaria. 

Podedes engadir tantas diapositivas como queirades!

LENGUA CASTELLANA

En Liveworksheets, hacéis la página 48 en la que debéis investigar qué paso el día de vuestro nacimiento. ¡Qué intriga!

MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario