venres, 22 de maio de 2020

TRABALLO VENRES 22/05/2020


Bo día,

Este é o traballo de hoxe:

MATEMÁTICAS

En Liveworksheets, del cuaderno de Porcentaje y Proporcionalidad, hacemos las páginas 33, 34 y 35. 


CIENCIAS SOCIAIS

Do traballo da Idade Contemporánea, facemos tódalas preguntas que faltan ata o final. Lembrade que a data de entrega do traballo é o vindeiro martes.

Tras ver algún dos vosos traballos, a correcta presentación será coa pregunta copiada e a resposta ben redactada.

Por exemplo: Imaxinade que a pregunta número 1 fora:"En que ano tivo lugar a Revolución Francesa?", a resposta correcta debe ser: "A Revolución Francesa tivo lugar no ano 1789". Non valería poñer : 

1. 1789

A continuación déixovos estos vídeos sobre a Revolución Industrial, a sociedade e a arte en España,  no século XIX.





LINGUA GALEGA

Facedes a lectura "Fogar de Breogán" que está no caderno de lingua galega en Liveworksheets. 

A continuación, ledes esta recente noticia: 


Agora, quero que imaxinedes por un intre que podedes vivir nese universo paralelo, e que fagades un conto/historia contando como sería vivir nun universo no que o tempo fora para atrás.  O conto ou historia, ten que ter unha extensión entre 400 e 500 palabras. En galego. 


MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario