martes, 19 de maio de 2020

TRABALLO MARTES 19/05/2020

Bo día,

Aquí vai o traballo para hoxe!!

MATEMÁTICAS

Para ir calentando motores... ¡Hoy toca Kahoot!



Después entramos en Liveworksheets y hacemos las páginas 25 y 26.

LINGUA GALEGA

Entramos en Liveworksheets e facemos:

- A lectura da páxina 13.
- Os exercicios sobre o ditongo e mailo hiato da páxina 14. 
- Os exercicios sobre homófonas da páxina 15.
- Os erros ortográficos da páxina 16.
- A segunda conxugación do verbo da páxina 17. 

CIENCIAS SOCIAIS

En primeiro lugar non esquezades entregar o traballo da Idade Moderna, se é que non o fixestes. 

Hoxe comezamos un tema novo, e a última etapa da historia: A Idade Contemporánea.

Para que entendades mellor o fin da Idade Moderna e o principio da Contemporánea, recoméndovos que vexades este vídeo, sobre a Ilustración ou tamén chamado Século das Luces. 




Desta vez, tamén ides a investigar. Debedes ir facendo un documento no que vaiades contestando unha serie de preguntas coa información que atopedes. 

Eu irei pautando as preguntas que deberedes facer cada día, para que así organicedes mellor o traballo. A data final de entrega do traballo será o martes que vén (26/05)

Neste documento deixareivos tódalas preguntas do traballo, destas, hoxe sería recomendable que fagades da pregunta 1 á 4. 


MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario