martes, 5 de maio de 2020

TRABALLO MARTES 5/05


Bo día, 

Que tal foi a finde longa? Espero que moi ben e que pasárades un gran día da nai, aínda que fose nestas circunstancias. Polo menos, xa se pode ir a dar unha voltiña e o sol acompañounos...

Este é o traballo para hoxe:

MATEMÁTICAS 

Del tema, de la página 19, ejercicios 13 y 14. 
De la página 20, todos los problemas del 15 al 20. 

El jueves 7, haremos una pequeña prueba de matemáticas con ejercicios variados del Sistema Métrico Decimal, así que todas aquellas dudas que tengáis, por favor, preguntádmelas y si no lo habéis hecho ya, corregid bien los ejercicios para ver si tenéis fallos y poder solucionarlos. 


LINGUA GALEGA (Data de entrega: o xoves 7 de maio)

1) Facemos a lectura e os exercicios de comprensión lectora, número 3: "Os nenos de Infantil elaboran un xardín dos sentidos na clase"


2) Do tema, facemos a páxina Clases de verbos: Facemos todos, agás o 6. 
Nas últimas páxinas do tema, tedes verbos regulares e irregulares, conxugados en tódolos tempos verbais, nos 3 modos: indicativo, subxuntivo e imperativo. 

CIENCIAS SOCIAIS

Tal e como acordamos, a partir das 10:45 colgarei no blog o enlace para facer a proba de autoavaliación do tema. Cando a colgue, vos avisarei polo grupo. 
Deixarei arredor dunha hora (máis ou menos) para facela. Despois quitarei o enlace. 
Se alguén, polas razóns que sexan e xustificadamente, non pode facela, que mo comunique e buscamos outro momento.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario