xoves, 16 de abril de 2020

TRABALLO XOVES 16/04


Bo día!

Aquí vos deixo o traballo para hoxe:

LINGUA GALEGA

Realiza a lectura do enlace e responde ás preguntas:


Do tema, facemos tódolos exercicios da fotocopia que leva por título "O pronome persoal (2). Formas átonas", por ámbalas dúas caras. Exercicios do 1 ao 6. 

CIENCIAS SOCIAIS 


1) Do tema, facedes o resumo/esquema do punto 3: "Unha nova configuración da Terra". De toda a páxina.

2) Facedes os exercicios da páxina 6 do tema. Están antes deste punto 3, pero ao montar o tema, tiven un erro. Hai que facer do 1 ao 7. 

3) Estos vídeos poden axudarvos a entender as expedicións de Magallanes e Elcano. SERÍA IMPORTANTE QUE  DURANTE ESTES DÍAS, SE PODEDES, OS VEXADES, POR FAVOR.







4) Respecto ao traballo de onte, aquí vos deixo un vídeo acerca da anécdota do Ovo de Colón e da relación deste con Nikola Tesla. 




TALLER DE POESÍA

Hoxe me gustaría que fagades un poema, de tema libre, para participar no concurso de poesía "Xogos Florais" organizado polo Concello de Ponteareas, no que algúns dos vosos compañeiros/as doutros cursos, xa participaron e foron premiados. 

O poema ten que ter entre 14 e 40 versos (liñas) e podedes facelo do tema que queirades. TEN QUE SER EN GALEGO.

O traballo tedes que facelo todos, se alguén despois non quere participar, pois o di e non hai problema. Pero o poema é traballo do taller de poesía. 

Neste enlace déixovos as bases para que lle botedes un ollo. 


TEDES ATA O PRÓXIMO XOVES, DÍA 23 DE ABRIL, PARA ENTREGALO.

ÁNIMO E A SER CREATIV@S!!!!! A VER COMO SACADES ESA VENA DE POETAS E POETISAS, QUE SEI QUE TEDES!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario